É curioso o correo que catro días chegou á miña conta de gmail co título de Sexamos Galegos. No seu contido falábase saían frases como:
O galego non te chama por teléfono ... DACHE UN TOQUE
O galego non che dá a espalda ... MÁNDACHE A PUTA MERDA!!
...
O galego non colle o ave... COLLE O CASTROMIL!
... ou o Arriva. Si, recoñézoo, eu son un deses superheroes capaces de sobrevivir ás extremas circunstancias que te podes atopar nun traxecto de 160Km e 3 horas e media montado nun Arriva.
A velocidade media fala por si soa: 45,71Km/h (para os puros coma min, no sistema internacional 12,69m/s)... pero aquí é cando a voz do experto viaxeiro diría: "Mellor así... que non corra que estoupa e mándanos á merda".
O habitáculo é tan reducido que ata o propio David Blaine (xenial ilusionista americano que certo día foi enterrado vivo) sentiría claustrofobia.
As variacións de temperatura poñen en evidencia a aqueles que din que os extremos térmicos que se poden vivir na superficie do planeta vermello son insufribles para un ser humano en pantalóns curtos, unha camiseta e un mp3 cargado de música. Os da NASA son unhos frouxos e unhos ignorantes... bueno, ignorantes é moito falar pero todos sabemos como é esta xente de estirada. (Unha recomendación seria para aqueles que viaxen en Arriva -non valen os escasos buses directos por autovía, que anque tamén duros son peritas en dulce comparadas con outras probas extremas tamén de Arriva-... A hidratación é fundamental. Non vos confiedes que logo hai lenguas e mucosas secas, mareos, delirios,...).
Os ruidos... meu amigo cos ruidos. Se estades acostumados ós Alsa ou similares non vos asustedes cos estruendosos motores en marcha destas máquinas de facer kilómetros. A máquina de vapor tén moitos anos pero sigue activa nos buses de Arriva (Recomendamos encarecidamente MP3 ou similar).
A música, os conductores, os asentos que si te deitas caes para atráis xa que teñen a resistencia rota, a non aceptación de billetes de 20€ para pagar 8€ a pesar de ter infinito cambio,...
En fin, como dí a páxina de Arriva:
Arriva es una de las organizaciones de servicios de transporte de viajeros más grandes de Europa. Posee mas de 30.000 empleados y realiza más de un billón de viajes en ocho países europeos cada año.
Los Servicios de Arriva incluyen autobuses urbanos, servicios discrecionales y autobuses interurbanos. Pero también trenes, taxis, ambulancias, ferris, y otros medios, como el metro en Copenhague, en Dinamarca, país en el que controla el 22 por ciento del mercado de transporte.
A min o que máis medo me da de todo isto non é que fagan 1 billón de viaxes cada ano (é moito andar de nuestro señor...), a min o que realmente me aconlloa ou acojona ée que o Servizo de Arriva tamén inclúe "Ambulancias". Deus nos libre de ter algo se o seu servizo é como o de Arriva Noroeste... Por non falar dos ferries.
O galego non concerta unha cita cos sus amigos ... QUEDA PARA BOTARSE UNHAS RISAS.
Se cadra os que escribiron isto Quedaron para botarse unhas risas e saiulles semexante burrada de texto promocional... Mentres tanto Arriva Noroeste en vez de invertir en "Telepeaxes" (non todos os seus buses os teñen), invirten en poñer Wifi para o servizo Ferrol- A Coruña-Ferrol... que si, que é a hostia para que entre todos se hackeen mentres pertence á rede local montada no bus, pero que ós que nos "papamos" a merda de servizo interurbano-lonxano non nos vale de nada.
E eu, como bo galego, así o digo
O galego non o di claro ... SÓLTACHO NA PUTA CARA!
Saúde!!